Morre un motorista tras chocar contra a barreira de seguridade dunha estrada de Muíños (Ourense)

A pesar das manobras de reanimación, o persoal sanitario non puido facer nada por salvarlle a vida.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2018 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

Un motorista morreu na tarde deste sábado tras chocar contra a barreira de seguridade da estrada da Porqueira, no municipio ourensán de Muíños. En concreto, segundo informa o 112, trátase da estrada que une o municipio coa localidade de Bande, a OU-1201.

Unha moto tras un accidente na estrada / /seguros.elcorteingles.es
Unha moto tras un accidente na estrada / /seguros.elcorteingles.es

Foi outro condutor quen deu a voz de alarma mediante unha chamada ao centro de emerxencias para pedir asistencia médica. Seguidamente, informouse os profesionais das 061-Urxencias Sanitarias e aos membros do GES de Muíños.

A pesar das manobras de reanimación, o persoal sanitario non puido facer nada por salvarlle a vida ao motorista, que faleceu pouco despois.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta