Allariz ameaza con manifestacións se non se abre unha nova aula de infantil

Levan semanas reclamando a apertura dunha terceira aula para 4º de Infantil no colexio de Allariz ao berro de “Non é 1 son 51”

Por Galicia Confidencial | Allariz | 03/09/2018 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

Nais e pais de Allariz queren que os seus nenos poidan seguir estudando con comodidade da vila e desfrutando da educación pública. Por iso, levan semanas reclamando a apertura dunha terceira aula para 4º de Infantil no colexio de Allariz ao berro de “Non é 1 son 51”.

Nenos e nenas de Allariz cos seus pais
Nenos e nenas de Allariz cos seus pais | Fonte: remitidas

Despois do éxito da última acción reivindicativa que tivo lugar o pasado mércores, nais e pais acudirán este mércores a Ourense para manter un encontro coadelegación de Educación. Nesta runión os afectados queren achergar posturas coa Xefa Territorial. Con todo, advirten; “se reciben unha negativa pola parte da consellería, darán luz verde á convocatoria de manifestación ás portas da Xefatura Territorial da Consellería de Educación en Ourense”.

Esta convocatoria pide a colaboración cidadá para suplir a aqueles afectados e afectadas que por cuestións laborais non podan asistir,  e invita a poboación en xeral a manifestarse en contra dos recortes en educación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta