Javier Losada apela ao "consenso" e á "lealdade institucional" para resolver a débeda do Porto da Coruña

O delegado do Goberno na Coruña, Javier Losada, apelou a que se resolva "evitando confrontacións" e "buscando consensos" con "lealdade institucional", o conflito sobre a débeda de case douscentos millóns de euros do porto da Coruña derivada da construción da rada exterior de Punta Langosteira.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2018 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno na Coruña, Javier Losada, apelou a que se resolva "evitando confrontacións" e "buscando consensos" con "lealdade institucional", o conflito sobre a débeda de case 200 millóns de euros do porto da Coruña derivada da construción da rada exterior de Punta Langosteira.

Porto da Coruña.
Porto da Coruña.

Losada insistiu en que o Goberno "está comprometido con todas as infraestruturas de Galicia, con todas, e con todos os portos de Galicia", polo que "se analiza e valora en cada momento o que pode xurdir en cada porto".

Ante a "petición do Concello" de estudar o acordo subscrito en 2004 —que contemplaba a construción de venda de terreos do porto interior para obter fondos para a construción de Langosteira— para que se axuste aos intereses de 2018, sinalou que o Goberno "está a traballar" nesta cuestión, aínda que pide unha marxe de tempo para o Executivo de Pedro Sánchez, con "prudencia" e "sentido común".

"En 100 días non imos poder arranxar o que non foron capaces de arranxar en sete anos, teñamos algo de prudencia e de sentido común, dinlle a este Goberno certas institucións que hai graves problemas, pois sete anos tiveron para arranxalos", insinuou.

Por iso, defendeu que o Goberno está "a traballar aí con diálogo, tentando buscar acordos e con lealdade institucional", do mesmo xeito que co resto de "infraestruturas de España", reiterou, e "tentando rebaixar o aspecto de confrontación e non entrar nesta política de baixo nivel como foi o acordo da Autoridade Portuaria".

En canto ás posibles alternativas á condonación da débeda, afirmou que se está analizando se se pode variar o convenio e a petición de que se cre un consorcio con todas as partes implicadas nesta infraestrutura.

"Estamos a falar de cousas que afectan á cidadanía en xeral, esta, como en moitas outras, todas hai que facelas con diálogo e acordo, seguimos con diálogo e acordos, como para acordar o compromiso co AVE, se temos outras infraestruturas que necesitan dese acordo e colaboración ese é o camiño, non a confrontación, que os cidadáns non a entenden", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta