Declarado un incendio industrial en Rubiá

O lume afectou as naves das empresas Lambone e Castañas Barredo; ningún traballador resultou ferido. Os GES avisan ao alcalde do Barco de que estas actuacións non se poderían realizar con rapidez se lles impoñen outras actividades.

Por Galicia Confidencial | | 13/09/2018 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

A Asociación de Grupos de Emerxencias Supramunicipais de Galicia (AGESGA) informou na tarde deste xoves, sobre as 19.00 horas, dun incendio declarado en Rubiá (O Barco de Valdeorras). Ao lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil, Bombeiros do Consorcio Provincial e do GES O Barco.

Incendio Industrial en Rubiá (O Barco de Valdeorras)
Incendio Industrial en Rubiá (O Barco de Valdeorras) | Fonte: AGESGA.

O incendio produciuse nas naves industriais das empresas Lambone e Castañas Barredo, onde se atopaba un grupo de traballadores, pero ningún resultou afectado e foron evacuados sans e salvos.

Segundo algunhas fontes, o lume produciuse na cuneta da N-120, estendéndose posteriormente ás naves industriais.

MENSAXE AO ALCALDE DO BARCO

Dende AGESGA lanzaron unha mensaxe ao alcalde do Barco: "Ve señor Alfredo García? Ve como o tempo de resposta dos GES xoga un papel fundamental? Explíquello agora ó empresario e ós traballadores; expíquello vostedede!", en referencia ao incendio.

Incendio Industrial en Rubiá (O Barco de Valdeorras)
Incendio Industrial en Rubiá (O Barco de Valdeorras) | Fonte: AGESGA.

E é que aos membros dos GES seguen a revindicar "melloras, e non o empeoramento, nas condicións e funcións asignadas no futuro convenio", co que o alcalde pretende que atendan outras labores, ademais das emerxencias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta