Rebeca, a vida dunha muller que quere disfrutar da vida e do sexo antes de morrer

Rebeca no val das sombras ardentes é a primeira novela de Ramón Torrado que explora a vida dunha muller que sabe que lle queda pouco tempo de vida.

Por Galicia Confidencial | Ribeira | 19/09/2018 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Unha muller que sabe que lle queda pouco de vida, que vai morrer pronto e non vai chegar a vella, e fai un percorrido polo que lle tivese gustado facer ou sentir. Ese é o argumento sobre o que xira 'Rebeca no val das sombras ardentes', o libro que acaba de publicar na Editorial Toxosoutos o escritor e colaborador do GC, Ramón Torrado.

Capa de Rebeca no val das sombras ardentes, de Ramón Torrado
Capa de Rebeca no val das sombras ardentes, de Ramón Torrado | Fonte: Toxosoutos

O libro busca respostas a grandes interrogantes de todos os tempos. Rebeca óllase no  

espello e pensa en como sería de vella, algo que sabe que nunca vai poder visualizar. Por iso vai desaforada buscando o amor, a quen amar e que a amen.

Rebeca busca novas experiencias sexuais e algo que a encha na vida, para quedar no padal co sabor de ter vivido, se se pode dicir dese xeito. A obra de Torrado é tanto unha busca interior como unha busca sentimental e física.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta