O líder do PP evita pedir dimisións no caso das irregularidades da praza do Concello de Ourense

Feijóo aposta por “acatar” a sentenza que pide a anulación dun praza de xefe de persoal, mentres que o alcalde de Ourense valora recurrir a sentenza.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/09/2018 | Actualizada ás 08:25

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulaba este mércores o nomeamento do xefe de persoal do Concello de Ourense ao considerar que o proceso estaba “viciado” e teledirixido. Unha decisión que non comparte o alcalde desa cidade, o popular Jesús Vázquez Abad, que asegura que a decisión de contratalo foi realizada por un tribunal "independente, especializado e sen ningún representante político" por iso negaba todo tipo de responsabilidade e tamén dimisións no seu equipo de goberno.

Jesús Vázquez, con Alberto Núñez Feijóo
Jesús Vázquez, con Alberto Núñez Feijóo | Fonte: xunta.es

Tampouco o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, se quixo pronunciar este xoves sobre dimisións tras esta contundente decisión do TSXG que deixa en evidencia os nomeamentos da única gran cidade que goberna o PP en Galicia.  Unha decisión que contrasta coas peticións de dimisión que fixo o PP coruñés no caso do piso dos edís da Marea Atlántica e que aprobou o propio líder do PP galego.

Haberá que acatar a sentenza e volver a convocar o concurso”, dixo Feijóo ao ser preguntado por este medio sen contestar á pregunta sobre a necesidade de dimisións. Con todo, a súa postura contrasta coa do alcalde de Ourense que dixo que o equipo xurídico do Concello analizará para "estudar a posibilidade de presentar ou non un recurso de casación".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Bernal Calvo Delaciga

PPrefiren pedir dimisións na Coruña por un simple erro técnico, co BNG de escudeiro.