Non hai problema coas reservas dos encoros galegos... Por agora

As reservas dos encoros galegos de Miño-Sil e de Galicia Costa sitúase en torno ao 60%, superior á media do últimos dez anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2018 | Actualizada ás 12:53

Comparte esta noticia

As reservas hidráulicas dos encoros galegos de Miño-Sil e de Galicia Costa sitúanse en torno ao 60%, con cifras totais superiores á media rexistrada do últimos dez anos, e por encima das de 2017 nesta mesma época, que era do 53% da capacidade.

Encoro. Europa Press
Encoro. Europa Press | Fonte: Europa Press

Así figura nos datos que publica este martes o Ministerio para a Transición Ecolóxica, que reflicten que a reserva hidráulica galega sitúase nos 2.218 hectrómetros cúbicos de auga, fronte aos 1.724 do pasado ano 2017.

Por áreas, os encoros do Miño-Sil sitúanse nun 59,4% da súa capacidade, nunha porcentaxe que no caso dos de Galicia Costa sobe ao 61,3%. En concreto, nos encoros do Miño-Sil hai 1.799 hectómetros cúbicos, fronte aos 1.350 do pasado ano, e nos de Galicia Costa 419 --en 2017 eran 374 hectómetros cúbicos--.

Ademais, nos datos obsérvase que a situación actual é mellor á media rexistrada do últimos dez anos en ambos os casos, ao situarse para Miño-Sil en 1.799 --con 82 hectómetros cúbicos máis que a media da década, de 1.717-- e para Galicia Costa en 419, o que supón 22 máis que a media indicada.

En datos estatais, a reserva hidráulica española atópase no 54,4 por cento da súa capacidade, cunha cifra de 30.539 hectómetros cúbicos, aínda que diminuíndo na última semana o 0,8% da capacidade.

O Ministerio destaca que as precipitacións foron abundantes na vertente Mediterránea e afectaron en menor medida á vertente Atlántica. A máxima produciuse en Castelló, con 42,6 litros por metro cadrado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta