Acreativa quere potenciar o papel das mulleres na industria musical

Haberá espazo para charlas, concertos e proxeccións audiovisuais con presenza de artistas da talla de Ala.Ni, Madison McFerrin, Soleá Morente, Javiera Mena, Carmen Boza, Marem Ladson ou Arias & Alfaro.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 25/09/2018 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta a segunda edición de ACREATIVA, un proxecto que ten como obxectivo mostrar as novas tendencias e vangardas culturais a través de diferentes experiencias creativas. Nesta edición o foco centrarase na música como fío condutor e as mulleres e o seu papel na industria musical, xa que o 80% das actividades que se desenvolverán no marco deste evento estarán protagonizadas por artistas femininas. 

Anterior edición de Acreativa
Anterior edición de Acreativa | Fonte: Afundación

ACREATIVA 2018 organizouse en tres apartados ou «cápsulas» diferentes: Acreativa Talks, onde as entrevistas, charlas e mesas redondas se funden coa música en directo; Acreativa Live, un espazo para presentacións e actuacións musicais que reflictan as tendencias da actualidade; e Acreativa Screen, un punto de encontro entre a música e o audiovisual.

As actividades comezarán o vindeiro 17 de outubro co I Encontro da Asociación de Mulleres da Industria da Música (MIM) en Galicia e prolongaranse ata o 20 de novembro co concerto da londiniense Ala.Nin. Artistas destacadas do panorama nacional e internacional como Soleá Morente, Javiera Mena, Carmen Boza, Marem Ladson, Arias & Alfaro ou Madison McFerrin pasarán tamén pola Sede Afundación da Coruña para participar neste proxecto.

«MARIDAXES»

Javiera Mena, Carmen Boza e Marem Ladson, nomes propios dentro da escena independente, presentarán os seus novos traballos en exclusiva dentro de ACREATIVA. As tres artistas protagonizarán «Maridaxes», un formato de cata-encontro dirixido pola catadora galega Cristina V. Miranda, coa colaboración das adegas González Byass, Pernod Ricard e Martín Codax.

Posteriormente cada artista ofrecerá un concerto coa banda completa. As catas comezarán no hall ás 20.30 h e os concertos ás 22.00 h no Auditorio. As entradas xa se poden adquirir na web Ataquilla.com. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta