Feijóo sobre as eleccións en Podemos Galicia: “É moi difícil de entender o que pasa nese partido"

“Como todo se leva desde Madrid, non me sorprende”, asegura sobre as distintas candidaturas a liderar a formación morada.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/10/2018 | Actualizada ás 15:27

Comparte esta noticia

Ao presidente da Xunta xa non lle sorprenden xa os distintos movementos políticos que hai dentro de Podemos, nin tampouco que aparezan diferentes candidaturas para liderar esta formación en Galicia, tras a decisión dunha das fundadoras do partido morado, Carolina Bescansa, de presentarse ás eleccións en Podemos Galicia. “Como todo se leva desde Madrid, pois xa non me sorprende nada”, ironizou Alberto Núñez Feijóo.

Feijóo nunha imaxe coa ex presidenta da Cámara Galegta, Pilar Rojo
Feijóo nunha imaxe coa ex presidenta da Cámara Galegta, Pilar Rojo | Fonte: PD

De feito, foi aínda máis alá nas súas chanzas sobre Podemos. “Non hai galego que entenda como funcionan Podemos ou as mareas... É moi difícil de entender e eu penso que nin eles mesmos se entenden”, indicou.

Neste sentido, criticou duramente a Pablo Iglesias por inmiscluirse no proceso da súa formación en Galicia. “Antes era só o nacionalismo o que daba carnés de bos e malos galegos e agora semella que tamén Pablo Iglesias se sumou a iso. Sorprendeme que agora tamén el expida carnés de bos e malos”, ironizou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta