Temas: TVE GALEGO MúSICA

Censurou o Telediario de TVE a canción en galego 'Benditas Feridas' interpretado en 'Operación Triunfo'?

O informativo do ente público estatal, que posúe os dereitos deste programa, obvia a actuación da galega Sabela.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/10/2018 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

Sabela, a cantante galega da décima edición de 'Operación Triunfo', xogábase quedar ou saír da famosa academia musical esta pasada noite. E arriscou cunha proposta case inaudita nun programa onde o castelán e o inglés son as linguas dominantes: decidiu defender a súa voz cunha canción en lingua galega, unha versión de 'Benditas Feridas', de Rosa Cedrón. E con esta conseguiu permanecer unha semana máis no programa.

Sabela, cantante de 'Operación Triunfo', interpreta 'Benditas Feridas'
Sabela, cantante de 'Operación Triunfo', interpreta 'Benditas Feridas' | Fonte: RTVE.

Non era a primeira vez que unha participante deste popular programa televisivo apostaba por cantar en galego neste concurso; antes, fixérao na terceira edición, no ano 2003, Bea Porrúa, coa canción tradicional 'Lela'.

É por isto, pola singularidade desta actuación nun programa sometido ao imperio das cancións en inglés e español, polo que cando menos chama a atención e sorprende que no Telediario de TVE —cadea que ten os dereitos deste espazo musical— non se fixese nin unha soa mención á actuación de Sabela, unha dos dous nominados a saír da academia, canda o seu compañeiro Alfonso, quen finalmente perdeu o duelo coa galega.

Censurou o Telediario a canción en galego? Por que emitiu imaxes e sons de varias actuacións pero nada sobre a de Sabela? Son preguntas por responder.

Temas: TVE GALEGO MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta