Proxecto Home presiona ao seu persoal para que apoie o actual xerente

Comisións Obreiras (CCOO) denuncia nun comunicado que a fundación está chamando de maneira individual a traballadores e traballadoras para asinar un documento contra as “difamacións” que segundo a xerencia, se verteron contra Proxecto Home.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 05/10/2018 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

O departamento de Recursos Humanos de Fundación Proxecto Home nas súas sedes de Santiago e Vigo, para asinaren un documento que traslada o seu apoio ao actual xerente, Ramón Crespo. Cada traballador e traballadora é chamada de maneira individual para asinar dito documento no que tacha as informacións sobre irregularidades laborais e salaraias de “difamacións”.

Documento para asinar traballadores de Proxecto Home
Documento para asinar traballadores de Proxecto Home | Fonte: CCOO

O xoves día 4, CC OO en rolda de prensa presentou un informe sobre irregularidades atopadas no funcionamento interno de Proxecto Home. Estas cuestións foran postas en coñecemento de Inspección de Traballo.

CCOO "lémbralle a Ramón Crespo que as acusacións do sindicato non son «difamacións»", senón que están avaladas pola Inspección de Traballo “que xa obrigou a fundación aboar milleiros de euros irregularmente non pagados en conceptos de salario e de cotizacións sociais” denuncian desde o sindicato.

No escrito que teñen que asinar os empregados e empregadas, afírmase que as críticas de CC OO son “inxustificadas e inxustas”. Pola súa banda o sindicato “insta o padroado da Fundación Monte do Gozo – Proxecto Home Galicia a desautorizar esta recollida de asinaturas e a relevar das súas funcións. Así mesmo, consultará cos seus servizos xurídicos a resposta que debe dar a estes «graves feitos»”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta