O conselleiro do Medio Rural viaxa a Mondariz a causa do incendio que obriga a evacuar vivendas

José González Vázquez segue en persoa os labores de loita contra o incendio decretado esta tarde que obrigou ao desaloxo de vivendas debido á proximidade do lume a un núcleo de poboación situado no lugar de Barro, na parroquia de Gargamala.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2018 | Actualizada ás 22:25

Comparte esta noticia

A última hora da tarde do domingo, como medida preventiva, a Consellería do Medio Rural decretou a situación 2 neste incendio, o que supón risco para a poboación. Ademais, as autoridades solicitan aos cidadáns que non se acheguen á zona porque se están cortando accesos para favorecer os labores de loita contra as chamas, que permanecen descontroladas.

Incendio este domingo 7 de outubro en Mondariz. CEDIDA
Incendio este domingo 7 de outubro en Mondariz. CEDIDA | Fonte: Europa Press

O incendio comezou ás 18,17 horas e segundo as novas estimacións afecta a máis de 50 hectáreas. No seu control traballan un técnico, dous axentes, 14 brigadas, seis motobombas, tres pas e un tractor. Até a caída da noite tamén traballaron no lugar dez helicópteros.

O acalde de Mondariz 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Que teñan unha boa noite loitando contra o lume !!! https://twitter.com/hashtag/IFSabax...