Acusan á Xunta de permitir a destrución do Castro de Trindade en Mondoñedo

As asociacións Adega e Mariña Patrimonio presentaron varias denuncias ante a Fiscalía por diferentes disposicións do Departamento de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia que poderían ser constitutivas de delitos de prevaricación, falsidade de documentación pública e de danos no patrimonio histórico e a recursos naturais e ambientais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2018 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

.Diso deron conta representantes de ambos os colectivos nunha comparecencia de prensa celebrada este martes en Lugo, onde puxeron o foco no caso do Castro de Trinidade-Flores, situado entre os concellos lucenses de Mondoñedo e Lourenzá.

Representantes de Adega e Mariña Patrimonio en Lugo
Representantes de Adega e Mariña Patrimonio en Lugo | Fonte: Europa Press

As asociacións aseguran que a empresa propietaria da canteira do Monte da Trinidade "podería ocasionar danos irreparables neste ben patrimonial, incumprindo a Xunta pola súa banda a súa deber legal de protexelo".

A avogada de Adega, Montse Calvo, precisou que se trata "de delitos que levan penas de prisión que poden chegar aos seis anos e de inhabilitación a funcionarios públicos de até 15 anos".

"A non paralización das actividades mineiras que afectaban o castro, xunto cos informes elaborados polos técnicos da Xunta para desprotegerlo, puideron ser determinantes para a destrución deste ben patrimonial. A día de hoxe a canteira continúa destruíndo o xacemento sen que a Xunta nin o Concello de Mondoñedo fagan nada para evitalo", sentenciaron desde os colectivos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta