Calcinada por completo unha nave industrial en San Cibrao das Viñas

Traase dun gran almacén de froitas que ardeu este domingo.

Por E.P. | OURENSE | 15/10/2018 | Actualizada ás 10:56

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencias deron por extinguido á primeira hora deste luns o incendio que desde a tarde do domingo afectaba a unha nave industrial no polígono de San Cibrao das Viñas (Ourense) e que a calcinou por completo.

Nave industrial que ardeu no polígono industrial de San Cibrao das Viñas
Nave industrial que ardeu no polígono industrial de San Cibrao das Viñas | Fonte: youtube

Segundo informou o Centro Integral de Atención a Emerxencias 112-Galicia, un retén dos Bombeiros permaneceu toda a noite na zona para evitar que se reavivasen as chamas ou que o lume afectase a outras naves. Finalmente, deuse por extinguido á primeira hora deste luns, sen lamentar danos persoais, aínda que a nave industrial quedou "practicamente derrubada".

O 112 tivo constancia do incendio sobre as 19,00 horas deste domingo, cando varios particulares comezaron a percibir o fume desde distintos puntos. No operativo inicial participaron os Bombeiros de San Cibrao, Garda Civil e Protección Civil.

Dada a intensidade do incendio, fóronse sumando efectivos de Bombeiros de Ourense, Celanova, Xinzo de Limia, membros do GES e de Protección Civil de Pereiro de Aguiar, de Ourense e de Maceda e persoal de extinción de Medio Rural. Ademais, no lugar, o Servizo Provincial de Emerxencias da Xunta de Galicia constituíu un Posto de Mando Avanzado para coordinar as tarefas. Polo momento, descoñécense as causas que orixinaron o lume.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta