Feijóo apoia que o presidente portugués arrinque eucaliptos

"Non podo estar máis de acordo co que acaba de facer", dixo sobre a decisión de Marcelo Rebelo de Sousa de lanzarse a arrincar eucaliptos nun terreo queimado no que comezaban a crecer.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/10/2018 | Actualizada ás 08:15

Comparte esta noticia

O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este xoves que non pode "estar máis de acordo" co xesto do presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, quen, durante unha acción de limpeza e plantación de especies autóctonas, púxose unhas luvas e axudou a arrincar eucaliptos tal e como informou Galicia Confidencial o mércores.

O presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, arrincando eucaliptos
O presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, arrincando eucaliptos | Fonte: RTP

Preguntado na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo incidiu en que a actuación do presidente portugués foi correcta porque o terreo no que crecían os eucaliptos era para plantar outras especies como castiñeiros ou carballos.

"Cando se plantan eucaliptos en terreos afectados polos lumes, se está previsto outro tipo de plantacións como neste caso, o lóxico é primeiro arrincar os eucaliptos que rebrotan e preparar o terreo para plantar frondosas", suliñou Feijóo. "Non podo estar máis de acordo co que acaba de facer", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta