A neve afecta a 316 alumnos de 11 centros da provincia de Lugo e en Pedrafita suspéndense as clases

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2018 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

Un total de 316 alumnos de 11 centros galegos --todos eles situados na provincia de Lugo-- víronse afectados pola neve. De todos eles, o temporal só obrigou a suspender as clases no CPI Uxío Novoneira, situado en Pedrafita do Cebreiro.

Neve en Pedrafita do Cebreiro, en Lugo, Galicia. EUROPA PRESS - Archivo
Neve en Pedrafita do Cebreiro, en Lugo, Galicia. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

Segundo os datos facilitados por Educación a Europa Press, 28 dos 316 alumnos afectados acoden a diario, precisamente, ao CPI de Pedrafita no que se suspenderon as clases. Ademais, a neve tamén afectou a 31 alumnos que cursan os seus estudos no CEIP Plurilingüe Concepción López Rey, de Baleira; así como a 13 do CEIP San Xoán, e outros 13 do IES de Becerreá, ambos os centros situados na tamén localidade lucense de Becerreá.

En Cervantes, víronse afectados 37 alumnos do CPI da localidade, e un do CPI Poeta Uxío Novoneyra, de Folgoso do Courel.

O MAIOR NÚMERO DE AFECTADOS, NA FONSAGRADA

A localidade da Fonsagrada suma o maior número de alumnos afectados, con 65 do CEIP Plurilingüe Santa María, e 83 do IES Plurilingüe Fontem Albei. Completan a listaxe de centros que sufriron os efectos da neve o CPI Plurilingüe de Navia de Suarna, con 28 alumnos afectados; o CEIP das Nogais, con 11 afectados; e o CEIP de Samos, con seis.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta