Falece un home de 58 anos nun accidente de tráfico en Cualedro

Por E.P. | OURENSE | 30/10/2018 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

Un home de 58 anos, M.V.R., faleceu na tarde deste martes nun accidente de tráfico ocorrido no municipio ourensán de Cualedro, despois de saírse da vía o vehículo que conducía.

Segundo informaron a Europa Press fontes do CIAE 112-Galicia, o accidente tivo lugar sobre as 15,00 horas na estrada OU-1020, ao seu paso polo lugar de Lucenza.

Até a zona foron desprazados os Bombeiros de Verín e un equipo do GES de Laza, que tiveron que intervir para liberar á vítima, que quedara atrapada.

Tamén se desprazaron dúas ambulancias asistenciais con persoal sanitario da PAC de Verín, aínda que non puido facer nada por salvar a vida do único ocupante do vehículo, que resultou falecido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta