Deus meu, qué nivel ten a música galega. ¿Non aprenderán algo dos cataláns Manel, que están a ter éxito en toda España?. Aquí o espírito de Heredeiros da Crus permanece vivo. E inda se oe o fantasma de Pinto d'Herbón anunciando que as patacas saíron podres. Agora veñen éstes con collóns, capullo e toda a parafernalia do "pun ró", que non do punk rock. Logo algún bobo me critica por recomendar aos Ramones. Eles sí tiñan gracia.
que queres que che diga cranioF, este grupo, non se parece en nada aos Heredeiros, posto que eles facían un estilo máis rockeiro e estes fan un estilo tirando máis cara o punk. Está claro, que nin escoitaches aos heredeiros nin a este grupo, nin a moitos outros, posto que xeneralizas ao falar do nivel da música galega, onde tempos a Los Suaves, Siniestro Total, Ruxe-Ruxe, Lamatumbá e un longo etc de grupos moi bos.
De punk vas falame a min! Claro que "punk" pode ser calquera caca, faltaría máis, pero inda no punk hai quen merece a pena e quen da máis ben pena. Agora mesmo estou escoitando "Session" de Offspring, un tema de contenido divertido, o día que éstes fagan algo remotamente comparable, fareilles algo de caso. Respecto á música galega, agás excepcións unha caca. Dos que mencionas, Siniestro Total sí tiñan-teñen fundamento, pero porque Julián é un entendido en música, e sempre o foi, mesmo cando cantaban paiasadas, e iso nótase. O demáis, pa meu gusto: puaf.
Non esquezades a DEF con2. Os mellores. CranioF, a música galega para ser un país de 3millóns de habitantes e pouco desenvolvido culturalmente ten un nivel moi alto. O nivel acadado nos oitenta-noventa é difícil de acadar pero iso pasa eiquí, en toda España e mesmo en todo o mundo. Galicia non destaca en pintura por exemplo pero en música e sobretodo en literatura ten un nivel altísimo.
CranioF, para gustos cores, a min The Offspring sóanme totalmente comerciais. O último de lamatumbá tampouco me gusta demasiado, pero os anteriores son moito mellores. Ruxe-Ruxe, ten discos moi bos, claro, que a ti ao mellor non che gustan, porque relacionas música en galego con nacionalismo e vendo os teus comentarios, sempre criticas ao nacionalismo e a todo o que está en galego. Pero bueno, como dixen, para gustos cores, e eu non digo que estes sexan a ostia nin nada, só que me soan divertidos, e o novo disco tamén o teño, e está moitísimo mellor, nótase que melloraron musicalmente e tamén letristicamente. E sigo dicindo, en Galicia, hai un nivel altísimo de bandas, moito máis que noutros lugares da península, só que aquí, sempre valorades máis ao de fóra, que ao de casa.
De ónde sacas que non me gusta o que está en galego?. En qué idioma escribo?, pero é un feito (desgraciado) que moitos dos que cantan en galego son xente cercana ao nacionalismo. Quizais non Heredeiros, que son máis ben cercanos ao cortello dos porcos, pero moitos outros sí. E iso non me gusta, de acordo. Respecto ao nivel, o que escoito non me mola, sigo comparando con xente que canta en catalán e fan música excelente (Manel como exemplo) e triunfan en España. Aquí moito rollo reivindicativo-semipunk, ou graciosiño-semipaleto, ou os que imitan a Mano Negra/Os Diplomáticos e funden de todo, coas súas rastas e estética semijipiorra (e moito "gh" nos nomes). Estou de todo iso ata os mesmísimos. Quizais The Homens sexan frescos e novedosos.
UNCALQUERA: Ruxe ruxe,Homens,Heredeiros,Pito de Pikaso,etc,etc. ¿ BOS...? ESTAMOS ACABADOS - Os grupos teñen pouco nivel,pero o publico...MENOS !