Esquerda Unida confirma que existen conversas para crear unha candidatura alternativa a Villares

A súa coordinadora nacional, Eva Solla, aposta por listas pechadas, a diferencia da proposta feita por Compostela Aberta, para integrar as distintas correntes, é dicir, EU, Podemos ou Anova.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2018 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

A deputada de En Marea no Parlamento galego e coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, defende que "cada candidatura" ao Consello das Mareas --máximo órgano de decisión entre plenarios-- "debe representar un programa" político.

Eva Solla en rolda de prensa na sede do Grupo Parlamentario de En Marea.. Europa Press - Archivo
Eva Solla en rolda de prensa na sede do Grupo Parlamentario de En Marea.. Europa Press - Archivo | Fonte: Europa Press

Así o manifestou a parlamentaria nunha entrevista este sábado á Radio Galega, na que eludiu responder se os críticos coa actual dirección, encabezada por Luís Villares, promoverán unha candidatura conxunta. Neste contexto, Solla asegurou que "agora están a empezar a traballar ao redor dunha proposta que entenda como debe articularse este espazo e, en función desas alianzas, construír a lista, e non ao revés".

Ademais, a deputada recoñeceu que é favorable ao modelo das listas pechadas e proporcionais promovidas pola actual coordinadora e que finalmente resultaron elixidas o plenario do pasado sábado fronte ao modelo aberto que defendían os críticos. Así, cre que "cada candidatura debe representar un programa, unha proposta política", algo que "é moito máis fácil facer cando se presenta unha candidatura completa".

Respecto ao posible cambio na portavocía do grupo parlamentario se Villares perde a portavocía de En Marea, Solla pide "diferenciar entre o partido en si" e "o grupo parlamentario, que dentro do seu seo ten autonomía para funcionar". "O traballo do propio grupo (...) corresponde á propia decisión e ao traballo do grupo", abundou para despois engadir que este labor "non" se realiza "de costas ao que suceda no partido" senón "dentro do que sexa máis óptimo á hora de facer o traballo de defender aos galegos e galegas no Parlamento".

O PLENARIO

Así mesmo, a coordinadora nacional de Esquerda Unida admitiu que a imaxe do plenario do sábado "non foi positiva" porque "á xente non lle gusta este tipo de visións de pelexa ou de discusión interna".

"Unha cousa é o diálogo fraterno e outro a confrontación crispada", aclarou Solla, á vez que desestimou as críticas da deputada no Congreso Alexandra Fernández (Anova), quen esgrimiu que o grupo de En Marea era un "satélite" do Grupo Confederal de Unidos Podemos.

Neste sentido, Solla expresou que é "bastante triste" que "se tenten trasladar opinións internas a un posicionamento externo". "O traballo seguramente se pode mellorar, pero eu creo que non existe ese problema de división", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

4 Gamela

Eva Solla e Rubén Pérez poden marchar para a casa canto antes mellor !!! Queren listas pechadas para facer valer o "acordo" entre Podemos + EU para aumentar os Beneficios Mutuos. Toné dará a súa bendición e os votantes tragarán unha vez máis !!! http://www.parlamentodegalicia.es/s... A única persoa digna de liderar En Marea é quen traballou sen descanso e sen pedir nunca nada a cambio: Alexandra Kollontai (Se Anova fose quen de lograr o apoio das tres cidades a favor de Alexandra!) Algúns terían que retirarse da primeira liña !!!

1 Gamela

Se fósemos quen de ter dereito a iso que algúns chamaron "primarias" os que hoxe sentan cátedra terían que pasar polo voto popular (e para iso non valen listas pechadas!) https://i.gal/gamela05 En Vigo Rubén xa presentou a súa candidatura AUTOPROCLAMADA pola cara !!! Como se poden ter Dúas Marcas Blancas e dicir que están pola unidade da esquerda (?) TREPAS nada máis que TREPAS !!!

3 Pasmao

Según la página web del Parlamento de Galicia esta señora gana 96.000 euros al año, aproximadamente 5 veces más que el gallego medio. Y luego farda de ser de un partido de trabajadores anticasta.

1 comunista independentista

O que esqueces dicir é que a maior parte da asignación das deputadas de En Marea vai para fins sociais. Algo que non fan no PP, PSOE e Bloque. Ocultar a verdade é coma mentir.

2 Pasmao

Lo que haga cada uno con su sueldo ni lo tenemos que saber, ni nos lo tenemos que creer. Esos sueldos son insultantes para cualquier trabajador gallego a quien le chupan la sangre para mantener sátrapas.

3 Bernal Calvo Decomisiones

Si para fins sociais ha ha seguro que Eva da case todos os 7000 euros ao Sergas por exemplo. Os pringaos do Bloque aínda teñen que destinar parte importante do salario a pagar a parte dos pufos que lles deixaron os transfugas

4 blocallo

Bautista cobrou de vicepresidente do Parlamento, a UPG gobernando sempre o BNG e acabaron empufados o mesmo! Lévame pronto de tanta tontería

5 sermos mantidos

Falso, Bautista entregaba un 75% do salario de deputado ao Real Madrid como causa social xusta. E Paco un 80% aos Amigos de la Zarzuela del Retiro, certificado pola mesma asociación. E tamén sei que Eva regala á Asociación de Maquilladores Cámara y Focos non menos dun 60% do salario por sentar na Mesa da Cámara. Deixade que sigan cobrando, non chega a nada para tanto compromiso social... (E despois falamos da pantomima da caridade da dereita, con estes tragadeiras na esquerda falsaria!)

2 RAMIRO DE YOLI

Para que pensades que estivo Yoli Procesiones esta fin de semana por Galicia ?

1 E perdeu o xuizo co Sergas

Como quedara o tema dos ingresos institucionais de Eva 7000 al mes Solla? A quen llos tiña que pagar a IU ou a Marea

1 Bernal Calvo Delaciga

E ti a que corpo policial pertences? Ou só és unha persoa sen vida propia?