Nace a primeira escola de programación en Galicia: Hack a BOS

En Galicia, o 60% das empresas TIC teñen dificultades para contratar profesionais cun perfil dixital especializado.

Por GC Emprende | A Coruña | 06/11/2018 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

As facultades  xeran 200 programadores en cada curso e actualmente, Galicia necesita cubrir 1.000 empregos. En Galicia hai empresas que teñen parados os seus proxectos por falta de persoal especializado e isto, está a suceder tamén no resto do mundo. A primeira convocatoria empezará en xaneiro, así desta forma, Galicia segue a tendencia ao resto de escolas existentes deste tipo en España, maiormente en Madrid, Málaga e Barcelona. A porcentaxe de empleabilidade supera o 90% nas escolas de Madrid e un 80% en Málaga.

Para suplir esa carencia acaba de nacer Hack a BOS, a primeira escola con cursos intensivos de programación que nace en Galicia. Un feito que ten lugar pola necesidade de atopar programadores no país.

A primeira promoción traballará de xaneiro a abril con dúas posibilidades: fullestafe, durante 10 semanas, e part estafe, 16 semanas, os venres pola tarde e as fins de semana.

O procedemento para acceder ao curso de programación será a través de internet. En principio serán un máximo de 20 alumnos por programa que terán que acudir á Coruña. "Son cursos nos que non é necesaria unha formación. Encaixa con calquera tipo de perfil: non fan falta estudos concretos, senón persoas que aplican con certo sentido a lóxica, que é algo que en realidade aplicamos a diario, e a motivación persoal”, apuntan desde esta empresa.

Creando unha web mediante Wordpress usando un ordenador portátil
Creando unha web mediante Wordpress usando un ordenador portátil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Daniel Zamora

Que buena noticia, la idea me parece genial porque muchos estudiantes quieren aprender programación para aprender sobre hackeos y demás programas, aunque algunos solamente quieran aprender a hackear fortnite o cosas por el estilo, pero de todos modos creo que es muy buena iniciativa el crear una escuela únicamente destinada a la programación.