Temas: EMPREGO ERE VIGO

PSA Vigo anuncia un novo ERE que afectará a 400 traballadores

Será negociada entre a dirección e os sindicatos e afectará aos operarios da liña de montaxe M1 --onde se fabrican os modelos Peugeot 301 e C-Elysée--.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 05/11/2018 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

Representantes da dirección de PSA Peugeot Citroën en Vigo e dos diferentes sindicatos constituirán unha comisión que iniciará, a próxima semana, negociacións encamiñadas á aplicación dun Expediente de Regulación de Emprego de carácter suspensivo, e que afectará os operarios da liña de montaxe M1 --onde se fabrican os modelos Peugeot 301 e C-Elysée--.

Citroën Vigo
Citroën Vigo

Así o confirmaron a Europa Press fontes da empresa, que explicaron que esta decisión responde os problemas de baixa demanda e baixa produción deses utilitarios. De feito, esa liña de montaxe xa tivo e seguirá tendo paradas ao longo do que queda de ano precisamente por esas circunstancias.

As negociacións cos sindicatos comezarán a próxima semana e, ademais do ERE, prevense outras "medidas de industrialización" que afectarán, non só aos 400 operarios que traballan exclusivamente nesa liña de montaxe, senón a máis empregados que realizan labores nesa e outras áreas.

A empresa tampouco avanzou a duración desta medida, aínda que sinalou que o ERE negociarase coa idea de manter a regulación de empregos en tanto duren as actuais circunstancias de baixa produción. Así, tendo en conta as previsións da propia factoría, a regulación podería estenderse a boa parte do ano 2019, xa que se espera que a cadencia de produción non aumente até finais dese ano --coincidindo coa fabricación do novo modelo, o todocamino coñecido como proxecto V20--.

Temas: EMPREGO ERE VIGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

PSA Citroen abrirá uma planta em Marrocos no ano 2019, alguém está pensando no futuro da Citroen em Vigo? Pois se temos sorte será de gestão, desenrolo de novos produtos e especialização em produtos especiais. A produção massiva trasladara-se a Marrocos onde os custos são menores. Senhores a trabalhar agora para não lamentar-se dentro duns anos.