Beiras e A Marea Brancaleone

A última asemblea da Marea foi unha esperpéntica representación da crise ideolóxica e política da esquerda vernácula. Inscritos arrastrados para inclinar a balanza. Acordos entre bambalinas para sacar a uns e poñerse outros. Un debate intenso, agresivo ata mafioso. O fondo da cuestión é o poder.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 08/11/2018

Comparte esta noticia
O gañador será o que reparta os cargos, determine quen pisará a moqueta, os que sairán na foto e os que se converterán na nova "caste". Unha "caste" agora máis linda, máis sexi, máis acorde ás esixencias do mercado electoral.
 
Iupis de esquerda, militantes da última fornada, rebotados de todas as partes, oportunistas e algunhas excepcións, que aínda pensan honestamente na unidade da esquerda, conforman este exército galego de “Brancaleone”. Mentres que Brancalone interpretado por Vittorio Gassman, cada vez parécese máis a Xose Manuel Beiras, que cabalga no seu burro canso, sen chegar nunca a “Terra Santa”.
 
É difícil ser neutro, cando Beiras foi o pai da criatura. Cando logrou o que eu chame nun artigo en Galicia Confidencia a “Marea Beiras” e lograr un dos resultados máis importantes da esquerda rupturista, con Alternativa Galega de Esquerda (AGE). Tamén por aqueles anos escribín en Galicia Confidencia “Epilogo Beiras”, coa intención de que o líder galego asumise o liderado da esquerda rupturista do noso país. Por certo cun resultado electoral extraordinario.
 
Agora despois de tantos anos e ante esta crise profunda da esquerda, merécese algunhas reflexións. En primeiro lugar A Marea carece de liderado. Doutra banda non ten un proxecto nin táctico nin estratéxico. Nos seus debates Galicia é inexistente. Anos luz estamos de Cataluña e de Euskadi. Así como Xosé Manuel Beiras deu aquel histórico “zapatazo” no Parlamento galego, agora teno que facer ante unha militancia dispersa, confundida, desilusionada.
 
Beiras debe poñerse á fronte do proxecto da esquerda rupturista e soberanista. Seguramente deberá deixar a lastra dos palmeiros que o adulan, para volver acudir aos sectores do pobo que anhelan cambios de fondo. A idade non debe ser un impedimento. O ex presidente Mujica da mesma idade de Beiras, prepárase en silencio para ser o próximo candidato a presidente ao Uruguai. Agora se Beiras pode escribir o seu ultimo Epilogo.

O histórico dirixente nacionalista, Xosé Manuel Beiras, no acto de Anova
O histórico dirixente nacionalista, Xosé Manuel Beiras, no acto de Anova
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.