Voltar

A ambivalente relación co país dos galegos no exterior.

Por Serafin Pazos | Bruxelas | 09/11/2018

Comparte esta noticia
O pasado 5 de outubro acollemos no Couto Mixto Bruxelas ao escritor novel Lito Vila Baleato, nado en Alemaña, país onde volta vivir logo de pasar a infancia e xuventude de retornado na Compostela dos seus pais. Cidade que voltou a abandonar no cambio de milenio cando a fin dos estudos, a falta de oportunidades na sempiterna crise estructural galega, e, entendo eu, a necesidade de ampliar horizontes alén das estreiteces mentais do discurso hexemonico en Galicia, levouno a instalarse no seu pais de nacemento accidental, onde atopou traballo coma mestre de secundaria e autor de certa sona de libros de aprendizaxe do español.
 
O percurso vital do autor, alén  do marco da novela «Campus Morte» (Galaxia), ambientada na Compostela universitaria finisecular -a zona vella, a Alameda, ateigada de xente os xoves – e no Santiago de hoxe -con moitos máis turistas que daquela, e un certo toque de parque temático aos que o protagonista volta coma visitante e testemuña- resonaban na abondosa abudiencia presente: todos eles maiormente na corentena e, coma o autor e o seu non-trasunto literario, moitos anos emigrados en «Europa» á forza de constatar que cousas tan ordinarias coma atopar ou cambiar de traballo, formar unha familia, pagar unha hipoteca occorían neses lugares dun xeito case sen esforzo, natural, a diferenza do que desgraciadamente segue a ocorrer no país. Lugar ao que a precarización do emprego aeroportuario nos permitelles voltar con frecuencia e, por medio das novas tecnoloxías, vivir nunha realidade case virtual -ás veces estando máis enterados polas pequenas polémicas mediáticas do país ca das grandes cuestións e neuroses propias dos nosos países de residencia.
 
Alén do mérito da novela, un thriller lixeiro e amplamente recomendable, se cadra o máis relevante para  público daquel acto e do lector potencial é o poder evocador que o relato ten daqueles anos de final da xuventude que moitos pasamos en Compostela, así coma a constatación do tempo que transcorrre inevitablemente para nós coma para o noso país de orixe. Tamén unha certa amargura ao constatar que as razons polas que marchamos, nos expulsaron, ou nos deixamos expulsar seguen ben patentes e certamente con máis forza ainda. Ó cabo, os que quedan son os máis fortes senón os que mellor resisten: os que tragan coas humillacións do traballo precario e feudal ou están dispostos a sobrevivir ó alienante « parcours du combatant » do opositor; ou o que simplemente acepta con furor do converso engominado o discurso dominante.Hai vinte anos os galegofalantes eramos claramente maioría e agora non. En Galicia non se fan estudos destas cousas incómodas, pero habería que ver cal é a proporción de galegofalantes entre as masas emigradas nas últimas dúas décadas, a expulsión da xeración que naceu coa democracia e, teoricamente, a máis preparada que tivo nunca Galicia.
 
Máis non caiamos no reduccionismo de botarlle a culpa «ós demais». Se tes corenta anos, tempo tiveches de facer algo para afrontar ese estado de cousas. O galego, animal ben pouco social, tende ao esforzo individual, así que no mellor dos casos escribe un libro, forma unha asociación cultural no exterior ou escribe unha columna mensual nun diario galego. Todos eles esforzos meritorios pero que non pasan no mellor dos casos de remedios paliativos para as angueiras persoais, máis ca solucionar os problemas colectivos. Certo é que moitas veces desde o exterior se teñen as ideas máis claras ca en Galicia, onde os supostos colectivos dinamizadores do cambio social viven atrapados na elipse dunha militancia estética que, coma moito, veiculiza discursos recibidos desde os seus homólogos de Madrid ou de movementos globais que dificilmente callan na realidade galega, polo que o embiguismo alternativo desemboca naturalmente no cainismo interno. E namentres o éxodo e a aculturación proseguen inexorablemente.
 
En moitas culturas africanas existe o proverbio: “criar a un neno é o traballo de todo un pobo”. A Daniel Ugarte, amigo da infancia de Lito Vila e organizador do acto, “uns bos amigos dixéronlle que crían estar educando ao seu fillo, belga e galego-falante, nunha mentira. Acaso existía realmente ese lugar mítico no que a xente falaba o mesmo idioma que eles empregaban na casa? Esa estraña relación que temos os emigrados coa nosa terra de orixe é o que vas atopar no coala.Só que nesta ocasión preferín mudar a perspectiva. En lugar de tratar da nosa morriña cando percorremos o mundo, decidín que Galicia fose o lugar no que calmar as saudades doutras terras.” E desta relexión saiu  “O Coala” (editorial Tandaia), un libro sobre os lugares perdidos, cando xa so poden ser atopados na memoria de quen os bota en falta. Dun libro a outro

Couto Mixto
Couto Mixto | Fonte: vortegmax.net
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA