Ferido de consideración un mariñeiro despois de golpearse na súa embarcación en Boiro

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2018 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

Un mariñeiro resultou ferido de consideración na mañá deste martes mentres traballaba na súa embarcación no porto de Boiro, após recibir un golpe.

Instalacións de Jealsa Rianxeira en Boiro
Instalacións de Jealsa Rianxeira en Boiro | Fonte: Jealsa

Segundo informou o Centro Integrado de Atención a Emerxencias 112-Galicia, dada a importancia das lesións ocasionadas, o 061 mobilizou ao helicóptero medicalizado con base en Santiago, que tomou terra no peirao de Cabo de Cruz.

Até a zona desprazáronse tamén efectivos da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil. O ferido foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta