Feijóo avala agora os soldos astronómicos dos cargos de "chiringuitos" que denunciou estando na oposición

Di que o seu partido apoiou o salario do ex socialista Manuel Martínez, de máis de 71.000 euros, case o mesmo que cobra el como presidente da Xunta, para que esta entidade funcione.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/11/2018 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

Alberto Núñez Feijóo baseou a súa campaña electoral do 2009 na denuncia do despilfarro en supostos coches de luxo e en soldos de conselleiros e de cargos de "chiringuitos" do bipartito. Unha agresiva campaña que tivo impacto nos medios e coa que conseguiu chegar á Presidencia da Xunta.

Feijóo, Carballo e Candia
Feijóo, Carballo e Candia

Nove anos despois, e xa afianzado como presidente con tres gobernos consecutivos de maioría absoluta, aquelas denuncias de despilfarro parecen ter quedado en nada. El mesmo é o que defende agora soldos astronómicos para cargos de entidades que moitos consideran chiringuitos, como é o caso do Suplusa, da Deputación de Lugo.

E o certo é que, a pesar de ter dito en varias ocasións que a crise aínda non rematou, Feijóo apoio que o seu partido aprobara para o ex socialista e deputado non adscrito en Lugo, Manuel Martínez, un salario superior aos 71.000 euros, case o mesmo que cobra el coma presidente da Xunta, 72.000 euros. 

Un soldo que Feijóo defendeu con argumentos un tanto esperpénticos. "Será necesario que, coma presidente, teña un soldo para que o Suplusa poida funcionar", dixo a pesar que o xornalista lembroulle que Martínez xa cobra como alcalde de Becerreá máis de 40.000 euros e ten outro salario aprobado como deputado non adscrito de 50.000 euros.

"A verdade que se necesita un mapa e unha cantimplora para entender o que acontece na Deputación de Lugo", dixo. E a pesar de dicir que non coñece a decisión adoptada polo PP de Lugo de apoiar a Manuel Martínez, "nin as cousas que se fan", o certo é que acabou defendendo ese salario astronómico.

ACORDO PP-MANUEL MARTÍNEZ

A entente do Partido Popular con Manuel Martínez consumouse esta mesma semana sen agochar a compra de favores políticos. A formación conservadora e o aínda presidente da sociedade urbanística Suplusa aplicaron a maioría que ostentan no Consello de Administración para aprobar o novo orzamento, creando así un novo salario a prol do deputado non adscrito e alcalde de Becerreá de case 72.000 euros anuais, xunto con outros 52.000 para ‘persoal eventual’.

A manobra dos populares ten dous precedentes. O primeiro en maio, cando acordaran con Martínez –a quen precisan para acadar a maioría plenaria na Deputación– unha retribución de 57.000 euros como presidente de Suplusa e a contratación dun asesor por 41.000 euros adicionais, malia que nunca existira remuneración na sociedade do solo, porque os seus membros son asemade deputados provinciais. Aquel acordo quedou pendente de tramitación.

 

O segundo foi en setembro, no pleno da Deputación. O partido que coordina Elena Candia apoiou a iniciativa de Martínez, un histórico dos socialistas lucenses cesado da vicepresidencia provincial e expulsado do partido, para que obtivese outra dedicación exclusiva de 50.000 euros. O deputado díscolo nunca percibiu esa cantidade, porque debe incluírse no Orzamento de 2019.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 uu1

Não passa nada, todo é legal. Para que logo digam que as deputações não servem para nada!