Adolfo Domínguez anuncia que vende máis tras o despido de máis de cen persoas

Di que reduciu as súas perdas un 43,5% no primeiro semestre fiscal e eleva un 5% as vendas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/11/2018 | Actualizada ás 09:40

Comparte esta noticia

Adolfo Domínguez rexistrou unhas perdas de 2,8 millóns de euros no seu primeiro semestre fiscal (entre marzo e agosto deste ano), o que supón unha mellora do 43,5% respecto dos 'números vermellos' de 4,9 millóns de euros dun ano antes, segundo informou este venres a firma téxtil.

Tenda de Adolfo  Domínguez. AENA - Archivo
Tenda de Adolfo Domínguez. AENA - Archivo | Fonte: Europa Press

Dito resultado inclúe os custos extraordinarios imputados ao semestre asociados ao proceso de fusión de marcas, que contabilizan un gasto de 1,1 millóns de euros. A compañía achacou a mellora do resultado semestral ao reposicionamiento da marca (menos tendas, menos vendas totais pero maior marxe e máis vendas por tenda). Unha situación que se produce logo dun ERE que deixou na rúa a máis de cen traballadores a comezo de ano.

Adolfo Domínguez elevou un 5,4% as súas vendas comparables, sen ter en conta aperturas, peches e reformas, á vez que as vendas totais situáronse en 52 millóns de euros, un 4,9% menos.

O resultado operativo (Ebitda) da firma foi negativo en 1,5 millóns de euros, o mellor da empresa en oito anos, cunha mellora do 51,9%. Desde o cambio de xestión, no exercicio 2016-2017, o Ebitda mellorou en 8,3 millóns de euros (un 85%).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta