Rescatados sete tripulantes dun pesqueiro a 20 millas ao norte de Cabo Ortegal

O barco no que viaxaban sufriu unha vía de auga e acabou afundíndose.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 20/11/2018 | Actualizada ás 10:39

Comparte esta noticia

Os sete tripulantes dun barco pesqueiro con base en Viveiro foron rescatados esta madrugada despois de que a embarcación sufrira unha vía de auga a 20 millas náuticas ao norte de Cabo Ortegal (A Coruña). Segundo confirma Gardacostas de Galicia, a nave acabou afundíndose.

Helicóptero Pesca II
Helicóptero Pesca II | Fonte: AXM

Os tripulantes dos 'Hermanos Landrove' foron rescatados por outro pesqueiro que faenaba pola zona, o 'Bedía', que os trasladou até o porto de Cariño, tal e como indica o 112.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) tivo constancia do suceso pasados uns minutos das 5,00 horas da madrugada, por un aviso do servizo de Gardacostas, que informaba da saída do helicóptero 'Pesca II'. Ademais, Salvamento Marítimo, que coordinou a operación, mobilizou o helicóptero 'Helimer' e a embarcación 'Salvamar Shaula'.

De igual modo, o 112 Galicia tamén alertou á Garda Civil, a Policía Local, e ao 061-Urxencias Sanitarias, aínda que ningún dos rescatados necesitou asistencia sanitaria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta