Un choque frontal entre dous coches en Pontevedra deixa dúas persoas feridas

Unha das persoas envolvidas no accidente tivo que ser excarcerada polos equipos de emerxencias.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2018 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste mércores nunha colisión frontal na que se viron implicados outros tantos turismos en Pontevedra.

Vehículo da Garda Civil. GUARDIA CIVIL
Vehículo da Garda Civil. GUARDIA CIVIL

Segundo trasladaron ao 112 Galicia, unha das vítimas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Pontevedra, xa que quedou atrapada no interior dun dos vehículos accidentados.

Os feitos sucederon na N-550, en concreto no punto quilométrico 125, ao fío das 17,55 horas. Foi entón cando un particular contactou co 112 Galicia para alertar do sinistro.

Nada máis recibir o aviso, os xestores do 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil e dos Bombeiros de Pontevedra.

Finalmente, os dous feridos foron trasladados polos efectivos sanitarios ao Hospital Domínguez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta