Ferido o condutor dun camión de recollida de lixo que envorcou en Cambados

Por E.P. | PONTEVEDRA | 22/11/2018 | Actualizada ás 09:52

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia prestaron asistencia na madrugada deste xoves ao condutor dun camión de recollida de lixo que resultou ferido ao envorcar o vehículo en Cambados (Pontevedra).

Vehículo da Garda Civil. GUARDIA CIVIL
Vehículo da Garda Civil. GUARDIA CIVIL

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 3,10 horas, cando o camión circulaba pola VG-4.3 á altura de Corvillón.

Até a zona foron mobilizados os Bombeiros do Salnés, a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e persoal de mantemento de estradas. Tamén se desprazou persoal sanitario do 061, que trasladou ao ferido a un centro hospitalario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta