Triste balance da violencia de xénero en Galicia; 23 mortas en cinco anos

Os condenados por violencia de xénero aumentaron en Galicia un 40% en cinco anos e a cifra de denuncias creceu un 15%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2018 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

As cifras que arroxa a lacra da violencia de xénero en Galicia apuntan a un incremento paulatino en denuncias, ordes de protección e condenados por este tipo de casos nos últimos anos na Comunidade, paralelo a un proceso de concienciación e denuncia social que ten no 25 de novembro unha data sinalada para lembrar a loita a nivel internacional contra a violencia de xénero.

Marcha en Santiago contra la violencia machista. EUROPA PRESS - Archivo
Marcha en Santiago contra la violencia machista. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

Con todo, no que vai de ano 2018, tres mulleres foron asasinadas en Galicia a mans das súas parellas ou exparellas, en casos ocorridos no Porriño no mes de xullo, na Coruña en xullo e en Cabana de Bergantiños en agosto.

Isto supón unha vítima mortal máis que as que a violencia contra as mulleres causou no ano 2017, cando un home asasinou á súa muller en Ourense e outro estourou o domicilio da súa exparella en Chapela, un caso en investigación que foi finalmente incluído como violencia de xénero un ano despois.

Nos últimos cinco anos, os asasinatos machistas causaron en Galicia a morte de 23 mulleres, ademais das tres deste ano e de dúas o ano pasado, na Comunidade foron asasinadas as súas parellas ou exparellas catro mulleres en 2016, oito en 2015 e seis en 2014.

MÁIS DENUNCIAS

Así, segundo especifican os datos do Observatorio da Violencia de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial, recollidos por Europa Press, o número de homes condenados por violencia de xénero en Galicia aumentou máis dun 40% no últimos cinco anos, un período no que a cifra de denuncias, aínda a pesar da diminución experimentada ao comezo de 2018 pola folga na Xustiza, creceu un 15,9%.

En concreto, na primeira metade do ano 2018 foron condenados por este tipo de delitos en Galicia 95 homes máis que os sentenciados no mesmo período de 2014. De feito, a cifra de condenados por delitos relacionados con esta lacra superou os 300, fronte aos 224 de fai cinco anos.

Do mesmo xeito, no últimos cinco anos tamén se incrementaron as ordes de protección a vítimas solicitadas ante os xulgados galegos por este tipo de casos. O incremento foi, neste caso, do 54 por cento se se comparan as solicitadas na primeira metade de 2014 e o primeiro semestre de 2018.

En cifras, entre xaneiro e xuño de 2014, segundo os datos do CGPJ, solicitáronse 641 medidas e ordes de protección, unha cifra que se elevou até as 941 --300 máis-- no primeiros seis meses deste ano.

AS DENUNCIAS MEDRAN

Tamén as denuncias por casos de violencia de xénero se incrementaron progresivamente nos últimos anos en Galicia. En concreto, se se comparan os datos de hai cinco anos cos de 2018, o incremento da cifra de denuncias foi de case o 16 por cento.

Así, no primeiro semestre de 2014 presentáronse nos xulgados galegos 2.569 denuncias por esta lacra, mentres que no mesmo período deste ano foron case 3.000, concretamente 410 máis, o que supón 16 denuncias diarias.

Este incremento global produciuse aínda a pesar do descenso rexistrado no primeiro trimestre de 2018 con respecto ao ano anterior (que foi do máis de 20%), por mor da folga de funcionarios de xustiza que afectou a todo o sistema durante o inicio do ano.

Do total de denuncias por casos de violencia de xénero presentadas en Galicia na primeira metade do ano 2018, 171 foron interpostas directamente pola vítima, mentres que algo máis de 2.400 partiron de atestados policiais (a maioría, 2.192, con denuncia da vítima).

Así mesmo, en torno ao 6% das mulleres denunciantes acolléronse este ano ao seu dereito a non declarar no proceso, o que suma 193, o que supón un 10% máis que no mesmo período do ano anterior. No que respecta aos procesos, entre xaneiro e xuño deste ano foron axuizados 350 homes por delitos de violencia de xénero, 190 no primeiro trimestre e 160 no segundo. Deste total, o 87% foron condenados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ningún tipo de violencia!

Cal é balance de homes asesinados por violencia de xénero? (Porque son solo hai machista? Cando mudou a denominación?) httpsconfidencial.com/noticia/80408-investigan-asasinato-muller-agrediu-home-alegou-ser-vitima-violencia-xenero