Traballadores da Xunta maniféstanse en Santiago para denunciar a súa "discriminación"

Son centos de traballadores laborais da Administración Galega que denuncian o "desprezo" ao que son sometidos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2018 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Varios centenares de persoas, máis dun milleiro segundo os sindicatos convocantes, manifestáronse este venres en Santiago para dicir ao presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, que "xa está ben" do que consideran "discriminación" e "desprezo" ao persoal laboral da Xunta.

Concentración de traballadores e funcionarios na explanada da Xunta en San Caetano
Concentración de traballadores e funcionarios na explanada da Xunta en San Caetano

Así, en representación dos ao redor de 10.000 laborais da Administración autonómica, os portavoces de CIG, CSIF, UXT e CC.OO. esixiron a "recuperación de dereitos" en equiparación co resto de traballadores da Xunta.

Os participantes na marcha, que saíu de San Lázaro cara a San Caetano e que contaba con tambores e un altofalante con música, corearon consignas como 'Feijóo, escoita, o persoal laboral está en loita' e 'feitos, feitos, feitos, queremos máis dereitos'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta