Os traballadores de Alcoa inician unha campaña de recollida de xoguetes da man de Cruz Vermella

É o quinto ano que realizan esta acción solidaria. Neste caso, acompañarase dunha campaña informativa sobre a situación da fábrica coruñesa, ao borde do peche.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/12/2018 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

Os traballadores da fábrica de Alcoa na Coruña iniciaron unha campaña de recollida de xoguetes en colaboración con Cruz Vermella. Ademais, este venres levarán a cabo unha campaña informativa nos mercados municipais sobre a súa situación ante o anuncio de peche da planta.

Traballadores de Alcoa Coruña protestan diante da factoría
Traballadores de Alcoa Coruña protestan diante da factoría | Fonte: Galicia Confidencial

Segundo informou o comité de empresa, a recollida de xoguetes será a quinta que realizan, aínda que neste caso nun contexto de mobilización social despois de que a multinacional decidise pechar esta planta e a de Avilés (Asturias).

De feito, esta campaña, en colaboración con Cruz Vermella, iniciouse no ano 2014 cando a empresa presentou tamén un expediente de regulación de emprego (ERE) de extinción que, finalmente, non se materializou. Nesta ocasión, a recollida estenderase até o 20 de decembro. Os xoguetes entregaranse o día seguinte. 

Esa mesma mañá visitarán os mercados da praza de Lugo, de San Agustín e de Elviña para dar a coñecer a situación que atravesa a planta coruñesa. Para iso, repartirán dípticos e carteis informativos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta