O BNG buscará apoios no Congreso para a transferencia da AP-9

Ana Pontón reunirase con ERC, PNV, PDeCAT, Compromís e Bildu co obxectivo de que voten a favor de tramitar a lei de titularidade da AP-9 no debate que terá lugar este martes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2018 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, desprazarase este martes ata Madrid para reunirse con forzas soberanistas e nacionalistas --ERC, PNV, PDeCAT, Compromís e Bildu-- co fin de solicitar o seu apoio para que voten a favor de tramitar a Lei de titularidade da AP-9 aprobada en marzo de 2016 no Parlamento de Galicia.

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG | Fonte: Europa Press

O debate sobre a transferencia da autoestrada terá lugar a partir das 15,00 horas no Congreso dos Deputados. Esta proposta será defendida no hemiciclo por unha delegación da Cámara autonómica, da que non forma parte o BNG por ser a cuarta forza parlamentaria, a pesar de ser eles quen impulsaron o texto lexislativo.

Con todo, Ana Pontón acudirá á Cámara Baixa para reunirse cos mencionados partidos políticos co obxectivo de que colaboren na transferencia da autoestrada. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a pasada semana que o PP votaría a favor da súa tramitación, pero condicionou o apoio definitivo a que se comprometan os fondos.

Para Ana Pontón, a lei chega "con dous anos de atraso ao Congreso" e logo de pasar unha "longa carreira de obstáculos". "Hai que ter memoria, non hai que esquecer todos os obstáculos que lle puxo o PP e o presidente da Xunta", advertiu, para considerar "patético" que agora o PP se poña á cabeza da transferencia e ver os argumentos cos que "cambia de opinión".

Así, lembrou o veto do Goberno de Mariano Rajoy, cando perdeu a maioría absoluta no Congreso, algo que impediu o mero debate sobre o texto legal. Tamén incidiu en que os populares son "responsables" do aumento da concesión até 2048.

QUE SEXAN "FIEIS"

Ana Pontón confiou en que "todos os grupos sexan fieis ao acordo unánime" do Parlamento de Galicia e esperou que "non caian na tentación de descafeinar a lei", tendo en conta que este texto inclúe a posibilidade de rescatar para a Administración pública a autoestrada, un aspecto que foi eliminado nos outros dous textos legais aprobados pola Cámara galega nos últimos dous anos e no que se sitúan agora PP e PSOE.

A líder nacionalista preguntouse se o PP "cambia de criterio por electoralismo e porque non están a gobernar en Madrid" ou porque os vascos van pedir a transferencia da AP-1. "O PP recoñece que Feijóo é un cero á esquerda, e é patético e un despropósito máis en que consideración teñen ao noso país", considerou.

Respecto diso de que Feijóo condicionase o 'si' definitivo a que se cumpran as condicións que a Xunta pon (como a liberación da peaxe de Redondela), Pontón apuntou que "parece que o PP sempre busca (escusas) para que non se transfira" e saca "coellos da chistera para disimular".  "Nin sequera o seu goberno o solicitou", sinalou,  "a única iniciativa que hai é porque o BNG a escribiu".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Cruña

La pontona sigue con sus excursiones pagadas por todos. ¿Se habrá enterado de que ERC votó en contra del AVE a Galicia?

1 Arrasas

Preséntate tú, que con este original comentario se intuye que eres sagaz e incisivo. Todos te pagaríamos las excursiones a gustísimo, primo.