Abel Caballero prepara un "arroz Vigo" para xornalistas: "Feijóo se tiene que portar bien conmigo para invitarlo"

O alcalde convidou a unha comida aos reporteiros que cobren habitualmente a información municipal.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 19/12/2018 | Actualizada ás 22:02

Comparte esta noticia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convidou este mércores a unha comida aos xornalistas que cobren habitualmente a información municipal. Para eles preparou un "arroz Vigo", como el mesmo o chamou.

Abel Caballero prepara un 'arroz Vigo' para xornalistas.
Abel Caballero prepara un 'arroz Vigo' para xornalistas.

En compañía de Manuel, o cociñeiro do restaurante  Valdevez, no casco vello de Vigo, fixo algunhas das súas clásicas chanzas co seu particular spanglihs e referencias as famosas luces de Nadal de Vigo e ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. 

"É a única vez que vin o alcalde de Vigo obedecer alguén", bromeu unha das presentes ante a supervisión que facía de Manuel do cociñado do alcalde. "Una vez que dice, yo decido", engadiu Caballero.

No medio da conversa, un dos xornalistas animou a Caballero a convidar ao presidente da Xunta, ao cal contestou o alcalde vigués: "Se tiene que portar bien conmigo para invitarlo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

1 PincheGüei

Todo en galego porque está en Galicia! Alcalde modelo! XD