Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 20/12/2018 | Actualizada ás 14:07
Efectivos de Salvamento Marítimo buscan a un traballador desaparecido no porto exterior da Coruña, segundo informou o 112 Galicia.
A media mañá, deuse o aviso da ausencia dun dos operarios despois de que, ao redor das 09,00 horas, os seus compañeiros "o botasen en falta", explicaron desde a Autoridade Portuaria.
Trátase dun traballador das obras de construción dun novo peirao na zona de Punta Langosteira. Unha vez recibido o aviso, desde o 112 informouse tamén á Policía Local, á Garda Civil, ao 061 e a Protección Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.