Temas: XUNTA PRESTIGE

A Xunta espera que se poidan cobrar "canto antes" as indemnizacións polo 'Prestige'

Témese a entrada do Brexit, xa que a aseguradora é británica.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 20/12/2018 | Actualizada ás 20:43

Comparte esta noticia

A Xunta espera que as indemnizacións polo Prestige despois do fallo feito público este xoves polo Tribunal Supremo se poidan cobrar "canto antes" e non se atrasen pola entrada en vigor do Brexit, xa que a aseguradora é británica.

Voluntarios limpan rochas contaminadas polo chapapote do 'Prestige'
Voluntarios limpan rochas contaminadas polo chapapote do 'Prestige' | Fonte: Miguel Núñez.

Sobre o fallo, a Xunta lembra que eleva as indemnizacións a case 2.000 millóns ao ter en conta conceptos non estimados pola Audiencia Provincial da Coruña.

Nun comunicado, a Consellería de Presidencia cualifica de "positiva" a valoración da sentenza do Supremo "dado que se desestiman na súa integridade" os recursos presentados, entre outros, pola aseguradora e polo capitán do Prestige, Apostolos Mangouras.

Sostén tamén que a sentenza vai na liña que defendeu a Xunta. "Que houbo delito ambiental e deben ser declarados responsables civís dos danos producidos", apunta.

Sobre a redución da contía fixada para a Xunta en relación co labor da Sociedade Galega de Residuos Industriais (Sogarisa) —por importe de 1,87 millóns de euros, dos que se manteñen 1,1 millóns—, a Xunta explica "que non se admiten os algo máis de 750.000 euros en concepto de posta a punta das instalacións".

Temas: XUNTA PRESTIGE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta