Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/12/2018 | Actualizada ás 13:26
Logo de explicarnos a composición química das castañas polo magosto, Moléculas en Galego describe agora a química do cheiro das árbores de Nadal.
A explicación áchase no pineno, un composto químico da familia dos monoterpenoides bicíclicos que se atopa na resina, talos e follas de varias plantas.
O pineno divídese en dous isómeros chamados alfapineno e betapineno (un isómero está composto polos mesmos elementos, e nas mesmas proporcións, que outro ou outros, pero que difire nalgunhas propiedades por mor dunha diferenza na estrutura molecular).
Como ben explica Moléculas en Galego, o pineno "é un dos compostos que máis contribúe ao cheiro destas árbores, e atópase no seu talo e na súa resina".
Outro composto presente que contribúe a ese particular cheiro é o acetato de bornilo, composto que é o "responsable do olor fresco e limpo, que tamén se utiliza nas fragancias".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.