A USC e Paradores colaboran na organización dun simposio internacional sobre turismo e patrimonio cultural

As sesións estarán divididas en tres temáticas para analizaren as relacións dos Paradores co patrimonio cultural e outras áreas de interese.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2018 | Actualizada ás 09:23

Comparte esta noticia

Paradores de Turismo, en colaboración co Grupo de Investigación Iacobus da Universidade de Santiago de Compostela, organiza o I Simposio Internacional 'Paradores, Turismo e Cultura. Rumbo ao Centenario', que terá lugar entre o sábado e o luns na capital galega.

Imaxe de Paradores
Imaxe de Paradores

Segundo indicaron os organizadores, Santiago de Compostela será "un espazo de encontro no que diversos expertos analizarán o impacto turístico e cultural desta cadea hostaleira pública desde a perspectiva patrimonial, histórica, artística, xeográfica, económica, hostaleira, turística e cultural" a través de máis de 25 relatorios de carácter científico sobre a rede de Paradores de Turismo. En concreto, as sesións estarán divididas en tres temáticas e analizarán a relación de Paradores co patrimonio cultural, o territorio e a cultura e a xestión turística.

Este simposio abordará, entre outras cuestións, "o complexo armazón de relacións entre a arquitectura, o turismo e a cultura" en España nos últimos 90 anos e en todas as súas dimensións, desde os seus compoñentes históricos, construtivos, ambientais e decorativos á análise das institucións, os personaxes, os inmobles e as características da súa xestión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta