Medio Ambiente incrementará a retirada de niños de velutina en concellos da Rede Natura

A Consellería de Medio Ambiente manifestou que para a localización dos niños é fundamental a colaboración cidadá.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2018 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente reforzará a retirada de niños primarios de vespa velutina nunha vintena de municipios que teñen superficie dentro da Rede Natura, co obxectivo de minorar e conter a súa proliferación.

Reunión da conselleira de Medio Ambiente coa Agrupación Apícola de Galicia. XUNTA DE GALICIA
Reunión da conselleira de Medio Ambiente coa Agrupación Apícola de Galicia. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, trasladou á Agrupación Apícola de Galicia que ao longo de 2019 priorizaranse estas accións nos concellos de Monfero, San Sadurniño, A Capela, Melide, Toques, Santiso, Chantada, Sober, Samos, Ribadeo, Viveiro, Muras, Abadín, Calvos de Randín, Trasmiras, A Lama, Bueu, Cangas, A Illa de Arousa, Silleda e o Parque Nacional das Illas Atlánticas. A conselleira manifestou que para a localización é fundamental a "colaboración cidadá", a través dos avisos para retirar os niños no prazo máis breve posible.

A Xunta, segundo recordou, está a participar no proxecto Positive --no que esta agrupación tamén son socios beneficiarios asociados do proxecto--, unha iniciativa para o intercambio de experiencias e coñecementos para o control da avispa velutina entre países da zona Sudeo (países do sudeoeste europeo). Trátase dunha acción enmarcada no proxecto Interreg-Sudeo que ten por obxectivo contribuír á preservación dos insectos polinizadores que están a ser atacados por especies como a velutina e que minguan a súa función polinizadora natural.

O proxecto, que ten un orzamento de case dous millóns de euros, conta con financiamento nun 75% de fondos Feder e promove a transmisión de coñecemento e experiencia dos socios máis experimentados, como é o caso de Francia, cara aos que levan menos tempo convivindo coa especie, como son o norte e noroeste de España e de Portugal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta