GC Aberto

Abel City

Abel Caballero é un síntoma do que a cidadanía desexa: queremos vivir coma se non pasara nada. Ninguén quere afrontar que os problemas están aí por moitas luces de Nadal que lle poñas.

Por Gamela | GC ABERTO | 10/01/2019

Comparte esta noticia

Cando as cidades do século XXI se caracterizan pola apertura das súas institucións á cidadanía (Barcelona Ciutat Oberta cun orzamento de 700.000 €) en Vigo as decisións políticas están ben lonxe da vontade da xente!

Abel Caballero, no concerto de Dorian
Abel Caballero, no concerto de Dorian | Fonte: Miguel Núñez.

Temos un Caudillo que toma as decisións amparado na súa maioría absoluta e decide instalar ascensores por toda a cidade cuxo mantemento correrá a cargo dos veciños a perpetuidade, como sabemos este mantemento non é precisamente barato, ademáis converte os espazos públicos en espazos privados sen que ninguén teña siquera dereito a discrepar (O Hotel Samil foi vendido por 2,6 millóns convertendo 1 hectárea á beira da mellor praia de Vigo nun negocio privado a beneficio de Manuel Jove e Cía.)

Os coarenta pisos no centro da cidade subastados ao mellor postor deixan a Vigo sen recursos para atender a familias desafiuzadas por non poder facer fronte aos contínuos incrementos do aluguer froito desta crise interesada que se prolonga xa por máis de dez anos e multiplica a desigualdade convertendo a persoas de clase media en excluídos sociais.

As formas autocráticas transmitidas polo alcalde ao longo destes 12 anos de goberno contaxian perigosamente ás formacións políticas que din ter nacido da xente común e que se instalan no oscurantismo político, máis preocupados polo seu futuro persoal e sementando contínuas divisións na unidade da esquerda, mentres deixan camiño libre ás políticas neoliberais que están transformando Vigo nunha cidade para ricos.

Como recolle Carla Leiras (portavoz de Os Ninguéns) Abel Caballero non é máis cun síntoma do que a cidadanía de Vigo desexa: queremos vivir coma se non pasara nada. Ninguén quere afrontar que os problemas están aí por moitas luces de Nadal que lle poñas.

Para solucionar os problemas todos deberamos implicarnos moito máis pero os que dín representar ao resto teñen maior responsabilidade á hora de decidir cales son os camiños máis sensatos para saír deste pozo xuntos e poder afrontar o futuro unidos.

Estamos lonxe de entender que a cidadanía non soporta máis esta dicotomía sen abrir loitas profundas entre os que podan manter os privilexios e o resto da xente convertida en súbditos que nunca van cuestionar o statu quo que lle presentan como algo natural.

Podemos aceptar que o nivel cultural da cidade sexa baixo e a cultura televisiva non mellore os estándares da poboación, pero o que non estamos dispostos a aceptar é que se nos trate coma nenos sen criterio propio, que non saben o que é bo para eles, e teñen que ser tutelados permanentemente.

O novo proxecto Pantoque que enche o MARCO non é máis cun proxecto persoal dunha familia viguesa (Astaleiros Armada) que volve a ocupar o centro da cidade, como se aínda vivísemos nos anos da ditadura, unha loa aos traballadores do metal (xa desaparecidos, nin temos formación profesional técnica, nin pagamos salarios dignos aos que constrúen os barcos de luxo que vendemos a prezos de ganga).

O relato oficial segue falando da cidade que fomos (Vulcano a punto de pechar) e os barcos nas rotondas apuntan a un pasado que non existe dende a reconversión naval que únicamente nos deixou unha película (fermosa e triste) daqueles luns ao sol...

Disque temos a mellor rede museística municipal pero ninguén sabe o que esconde... Esquecida en catro ordenadores obsoletos está toda a obra fotográfica de Pacheco, os mellores cadros non están na pinacoteca, andan perdidos por despachos e corredores sen que a xente teña siquera conciencia da súa existencia... A colección permanente de Abanca (Caixa de Aforros) foise cara Santiago porque o alcalde non tiña interés en falar cos novos donos (os que remataron en prisión caíanlle mellor!)

¿Cómo é posible que a SAREB (o banco malo que rescatamos todos) estea a construir pisos de luxo na esquina de Rosalía Castro con Serafín Avendaño? Vigo non dispón de ningún piso para acoller familias en risco de exclusión social, nin que teñan nenos cativos nin que teñan persoas maiores dependentes. Mentres a xoia do arquitecto vigués Bar Boo (Edificio Cíes) morre sen que niguén faga nada por recuperalo (nin siquera de balde!)

Pero o Caudillo gasta en tirolinas e parques infantís de infarto, de vida útil descoñecida, non máis alá de dez anos. ¿E logo qué, outro parque máis moderno? ¿Outra beirarrúa con parterres cheos de mangueiras de caucho? ¿Outro ascensor que nos leve directamente ao Parque Zoolóxico da Madroa?

Algo se lle ocorrirá, mentras van pasando outros 12 anos perdidos para todos nós !

¿Sinceiramente queremos seguir vivindo en Abel City?

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Vanse cumprir DOUS anos da Acampada Contra a Pobreza ! Ogallá non teñamos que lamentalo... https://flic.kr/p/N6Zpku

1 Gamela

Carla Leiras (Os Ninguéns) https://www.noticiasvigo.es/seccion...