A Deputación da Coruña avanza no deseño de catro parques do patrimonio

Destina 500.000 euros a cada un dos proxectos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/01/2019 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

A área de Turismo e Patrimonio da Deputación da Coruña comezou o 2019 destacando os "importantes pasos dados no deseño dos parques que compoñen o Plan de Patrimonio". Segundo destacaron nun comunicado, os catro proxectos --o Xeoparque de Ortegal en Ferrolterra, o Parque do Megalitismo na Costa da Morte, Compostela Rupestre en Santiago e o Parque da Idade do Ferro nas rías de Arousa Norte e Muros e Noia-- "camiñan cara á consolidación como recursos turísticos de especial interese".

Castro de Baroña, en Porto do Son
Castro de Baroña, en Porto do Son

En 2018 "déronse importantes pasos", xa que se constituíron os órganos de dirección de cada un dos proxectos "que decidirán os pasos a dar de face ao futuro". Estes órganos tamén decidirán sobre o investimento dos orzamentos. Neste sentido, a deputación recordou a súa achega de 500.000 euros a cada un dos proxectos.

"PROMOCIÓN DA RIQUEZA PATRIMONIAL DO TERRITORIO"

O deputado de Plans, Patrimonio e Turismo, Xosé Regueira, recordou que "os catro proxectos supoñen importantes fórmulas de xestión dos recursos e promoción da riqueza patrimonial do territorio".

No caso do Xeoparque de Ortegal, que ten no punto de mira conseguir o recoñecemento da Unesco como xeoparque, en 2018 constituíuse o consello de dirección que designou como presidente ao alcalde de Cerdido, Benigno Galego Castro. Están involucrados os concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño.

Pola súa banda, no Parque do Megalitismo participan os concellos de Laracha, Cabana de Bergantiños, Carballo, Dumbría, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Ponteceso, Vimianzo e Zas. O comité de dirección está presidido polo alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño Castro. Trátase dun espazo con máis de 300 dólmenes e construcións funerarias.

En canto a Compostela Rupestre, na contorna do Val de Maía e do Ulla, constituíuse a comunidade intermunicipal cos concellos de Val do Ubra, Santiago, Ames, Brión, Teo, Vedra e Boqueixón. Para rematar, o Parque da Idade do Ferro conta coa participación de Boiro, Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira, e coa colaboración de Porto do Son.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta