Aquelas tradicións orais dos nosos maiores que se están perdendo

O Consello da Cultura Galega (CCG) vén de colgar na rede unha escolma de audios de ‘A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade‘, un traballo de recollida realizado no 1992 en xeriátricos de Tui, Ourense, Santiago de Compostela e tamén Viveiro. Baixo a tutela de Afonso Vázquez-Monxardín realizáronse ducias de gravacións a maiores das catro provincias galegas para documentar un mundo que se ía perdendo, o dunha oralidade daquela aínda separada da escritura e das tecnoloxías comunicativas.

Por Galicia Confidencial | Viveiro | 02/01/2019 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia