Marea Pontevedra esixe ao Concello a supervisión das contas dos últimos catro anos en centros socioculturais

Os voceiros de Marea Pontevedra piden que estes centros sexan unha ferramenta que axude á erradicación dos abusos de homes sobre mulleres.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2019 | Actualizada ás 16:19

Comparte esta noticia

O grupo municipal de Marea Pontevedra presentou este xoves unha moción na que insta o goberno local a que supervise as contas dos últimos catro anos nos centros socioculturais e instalacións deportivas de titularidade do Concello, ao que tamén demanda que coordine o seu funcionamento.

Miguel Fernández Lores, alcalde de Pontevedra. EUROPA PRESS - Archivo
Miguel Fernández Lores, alcalde de Pontevedra. EUROPA PRESS - Archivo

Nunha rolda de prensa o portavoz de Marea Pontevedra, Luís Rei, acompañado do número 2 da súa formación para as próximas eleccións, Teresa Casal, solicitou "transparencia" na xestión dos centros, xa que o Concello destina unha gran parte do seu orzamento á súa construción e mantemento e "con todo non fai un seguimento do seu funcionamento".

Teresa Casal recalcou que estes centros tamén deberían ser unha "escola de valores e de convivencia veciñal", para convertelos en "unha ferramenta máis que axude a erradicar os abusos que os homes cometen sobre as mulleres".

O Concello conta con diversos equipamentos municipais nos barrios da cidade e nas parroquias, destinados a actividades de índole cultural, social e deportivas pero, segundo Marea Pontevedra "na actualidade non hai constancia de ningún convenio, regulamento, protocolo ou documento administrativo que regule a cesión e uso destes equipamentos municipais".

Aínda que opta por cedelos a diversos colectivos e asociacións, o Concello corre cos gastos correntes (mantemento, subministración eléctrica, abastecemento de auga ou seguro de responsabilidade civil), como queda reflectido nos Orzamentos locais.

"CONDICIÓNS DE IGUALDADE"

Marea Pontevedra entende que neses espazos onde se realizan cursos, programas e talleres comunitarios "é obrigación do Concello dispor os mecanismos e ferramentas necesarias para que quede garantido o seu correcto funcionamento".

Isto, engaden, debe incluír a supervisión das súas contas e, ao mesmo tempo, a total garantía de que a súa actividade se desenvolve "en condicións de igualdade" para todas as persoas, "evitando así situacións de xestión discrecional".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Cham

O de "os abusos que os homes cometen sobre as mulleres" sobra. Deveria ser: os abusos que "alguns" homes cometem sobre mulheres. E em geral a quem hai que defender é ao feble, seja neno, anciám , discapacitado , indepentemente do sexo, do abusador ou abusadora.

1 Sentidiño

En xeral si, pero concretamente a violencia machista é algo máis frecuente que a violencia contra persoas con discapacidade. Talvez porque as mulleres galegas son 1.400.000... non sei...vde qué opina?

2 Cham

Opino que nom se desprotege a um colectivo por proteger a todos os susceptíveis de abusos, seja quem for o agressor ou agressora.