Vázquez Almuiña nega colapsos en Urxencias do CHUS mais recoñece un incremento de pacientes

O conselleiro de Sanidade di que o servizo de Urxencias non se pode planificar polas súas características o que ocasina picos de doentes.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 04/01/2019 | Actualizada ás 17:16

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, negou que o servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago padezan unha situación de colapso, e precisou que pode haber un "pico" asistencial por ser época de procesos gripais e respiratorios que, en todo caso, non é maior que o vivido no mesmo período do ano pasado.

Sanidade nega o colapso en Urxencias do CHUS
Sanidade nega o colapso en Urxencias do CHUS | Fonte: Europa Press

Así o manifestou, a preguntas dos medios, durante unha visita ao centro de saúde do Porriño (Pontevedra), e aseverou que 'colapso' "non é a palabra correcta" para definir a situación de Urxencias do CHUS.

Segundo recordou Vázquez Almuiña, este servizo "non se pode planificar" polas súas propias características, xa que gran parte dos pacientes acoden por decisión persoal e "pode haber un pico"; á vez que incidiu en que se está traballando para que non haxa influencia" do conflito de persoal --levan case dous meses en folga, en demanda de máis recursos humanos e materiais-- na atención aos pacientes.

Así, o conselleiro asegurou que, "neste momento, a asistencia está a prestarse con total dilixencia", aínda que admitiu que en períodos como o actual, de incidencia de gripe e outras complicacións respiratorias, "increméntanse os pacientes". No entanto, aclarou que, comparado co mesmo período do ano pasado, non creceu o número de pacientes, e incluso, "hai unha tendencia a un menor número de urxencias" que en 2018.

Por outra banda, e en alusión ao conflito do persoal deste servizo, o conselleiro limitouse a recordar que a xerencia do CHUS "está a falar cos profesionais para negociar" e "hai ofertas claras de mellora" que levarán a votación o 14 xaneiro, aínda que o Sergas preferise que a decisión se tomase "antes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Os picos do Sergas Asasino son algo digno de ver... https://www.noticiasvigo.es/hoxe-2-... Se fose unha broma tería gracia... pero dá noxo !!!

1 Gamela

O único pico é que o se están a meter os xerentes do Sergas día sí e día tamén... Pero é un pico de cartos transferidos ás empresas privadas (Povisa - Fátima - Dominguez) por nos falar dos laboratorios da vacinas da puñetera gripe de tódolos anos (que non inmuniza a ninguén!) https://youtu.be/e85k0DfROJk