Outro morto en Arnoia tras accidentarse co tractor

Un veciño do lugar de Outeiro, no municipio ourensán de Arnoia, faleceu na tarde do pasado venres tras sufrir un accidente co tractor que manexaba.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2019 | Actualizada ás 11:01

Comparte esta noticia

Segundo informou este sábado o Centro Integral de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, unha persoa deu a voz de aviso á 19,30 horas da tarde do venres a través dunha chamada na que indicaba que acababa de localizar un tractor semi envorcado contra unhas viñas.

Accidente con tractor emborcado
Accidente con tractor emborcado

A pesar da posición do vehículo, o home que o manexaba estaba accesible e liberado. No entanto, os servizos de urxencia desprazados ao momento só puideron constatar o falecemento do condutor do vehículo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta