Foxen nun Porsche logo de tentar roubar un caixeiro en Begonte

A Garda Civil descoñece se este feito está relacionado con outro semellante que aconteceu o pasado decembro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2019 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Lugo segue a pista dos autores que intentaron roubar nun caixeiro de Caixa Rural no concello lugués de Begonte, que finalmente non o lograron e fuxiron en dirección a Madrid nun Porsche de alta gama.

Vehículo da Garda Civil. GUARDIA CIVIL
Vehículo da Garda Civil. GUARDIA CIVIL

Fontes da investigación indicaron que se trata de catro individuos e que a matrícula podería "estar dobrada", é dicir, que pertencería a un dos "miles de coches" desta gama quecirculan por España.

Sobre as tres da madrugada tivo coñecemento dos feitos a Garda Civil. A fuxida precipitouse en dirección a Madrid tras non conseguir o "desanclado" da sucursal.

Estas fontes do instituto armado descoñecen se este feito esta relacionado con outro similar, ocorrido a principios de decembro do pasado ano, cando tamén outras catro persoas intentaron roubaren a oficina de Caixa Rural en Montero Ríos, na cidade de Lugo.

Foron catro encapuchados que accederon ao interior da sucursallucense pero no momento en que soou a alarma, que alertou á Policía Nacional, lograron escapar do lugar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta