A conexión do polígono de San Cibrao das Viñas coa autovía das Rías Baixas estará rematada a mediados de 2020

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, asegura que, aínda que "queda moito por facer" pero que as obras avanzan "a moi bo ritmo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2019 | Actualizada ás 15:58

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, asegurou este mércores que o viario de conexión do polígono de San Cibrao das Viñas (Ourense) coa autovía das Rías Baixas (A-52) estará finalizado "a mediados do ano 2020", xa que, a pesar de que "queda moito por facer", as obras, "executadas nun 20 por cento", avanzan "a moi bo ritmo".

A conselleira Ethel Vázquez en San Cibrao (Ourense).
A conselleira Ethel Vázquez en San Cibrao (Ourense). | Fonte: Europa Press

Neste sentido, a conselleira sinalou minutos antes de supervisar os traballos na contorna do arroio de San Benito (Ourense) que a construción desta conexión contempla unha infraestrutura "ambiciosa" e "estratéxica" para o futuro da comarca de Ourense, para Galicia e para o propio polígono de San Cibrao.

"Permitirá conectar a N-525 coa A-52 cun 60 por cento menos de percorrido mellorando a seguridade viaria e a competitividade. Con esta obra, haberá un antes e un despois na mobilidade de toda a comarca e reforzará a competitividade fundamentalmente da comarca de Ourense e de Galicia", concretou a titular de Infraestruturas.

Así mesmo, Ethel Vázquez destacou que "están finalizados as rozas e as demolicións" e "en execución" a "escavación dos desmontes, as drenaxes e os pasos inferiores e superiores", así como un viaduto de 500 metros no arroio de San Benito, a "estrutura fundamental", que conta con dez pilas, "dúas delas xa executadas e unha en execución".

Segundo confirmou Ethel Vázquez, a infraestrutura, na cal a Xunta de Galicia investiu un total de 21,8 millóns de euros, consiste nunha "vía de altas prestacións" de dous carriis de 3,5 metros cada un e un terceiro na metade, con inicio e final con dúas glorietas.

Á súa vez, a conselleira de Infraestruturas sinalou que o trazado do viario, de 4,9 quilómetros, é "eficiente e eficaz", xa que "compatibiliza case á perfección menos afección territorial cos parámetros técnicos legalmente exixibles".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta