Aprehendido na Coruña un cabeiro de elefante africano que se ofertaba en internet

A persoa denunciada non tiña documentación legal sobre a peza que tentaba vender.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2019 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

O equipo do Seprona da comandancia da Garda Civil da Coruña aprehendeu unha peza de marfil africano elaborado que se ofertaba a través dunha coñecida plataforma de compras por internet.

Aprehensión dun cabeiro de elefante africano tallado. REMITIDA
Aprehensión dun cabeiro de elefante africano tallado. REMITIDA | Fonte: Europa Press

A investigación iniciouse cando a Garda Civil detectou a venda da peza decorativa, cuxa comercialización está regulada na lexislación CITES, de aplicación en España, ao tratarse dunha especie en grave perigo de extinción.

Despois, a propietaria non puido achegar documentación que acreditase a súa tenencia legal, polo que se levantou acta de denuncia por suposta infracción administrativa de contrabando, por realizar, sen cumprir cos requisitos legalmente establecidos, operacións de importación, exportación, comercio, tenencia ou circulación de especímenes, fauna e flora silvestres e os seus partes e produtos de especies recollidas no convenio CITES.

Tamén se procedeu á aprehensión da peza de marfil que foi depositada na dependencia rexional de aduanas e impostos especiais da Coruña.

O convenio CITES sobre o comercio internacional de especies ameazadas de fauna e flora silvestre, do cal España forma parte desde o 16 de maio de 1986, regula o comercio de especies ameazadas e busca preservar a súa conservación a través de permisos oficiais de exportación no país de orixe e de importación no de destino.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta