"Putones", "escoria" e "piojosos" aos que "pegar un tiro", a violencia dos procaza do raposo contra os animalistas

Os partidarios da caza dedican toda sorte de insultos e ameazas de malleiras e morte aos activistas que denunciaron a presunta agresión dun cazador no campionato de Cerdedo-Cotobade. Os comentarios, constitutivos de delito, non foron borrados pola revista 'Jara y Sedal' no seu Facebook, onde foron publicados.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/01/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Os procaza andan desbocados nas redes sociais. Trala denuncia dun dos participantes nas protestas organizadas nos montes de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) contra o Campionato provincial da matanza de raposos, que acusa a un cazador de propinarlle unha puñada na cara e apuntalo cunha escopeta (GC puido saber que se presentou material gráfico da agresión como proba), os partidarios desta actividade saltaron cunha violencia case inusitada.

Cazadores e animalistas, no campionato provincial de caza do raposo en Cerdedo-Cotobade
Cazadores e animalistas, no campionato provincial de caza do raposo en Cerdedo-Cotobade | Fonte: Miguel Núñez.

Foi na páxina de Facebook da famosa revista 'Jara y Sedal', onde se publicou a seguinte información: 'Animalistas boicotean e insultan a cazadores en Galicia y denuncian haber recibido un puñetazo'. Inmediatamente, unha horda de fanáticos e ultras encheron de insultos, vexacións, comentarios machistas e ameazas de malleiras e morte aos animalistas, sen que a revista tomase cartas no asunto.

GC recompilou algúns dos comentarios máis violentos, coas súas faltas de ortografía.

Jvicente Gomez Lillo: "A tiros con ellos cuando le pegas un tiro a uno llaveras como salen zapateando los tontaras hijodeputa".

Julio Francisc Cor: "¿solo un puñetazo?.....cada uno recoge lo que siembra... (ya veces demasiado poco)...".

Antonio León Peso: "deque se quejan de un puñetazo? pero si lo que tendrían que haberles dado con un palo en la cabeza a cada uno y abrirsela lo que hay es que acabar con toda esta carroña y despojo humano bueno lo de humano por decir algo son escoria".

Victor Sanchez: "Llevar cartuchos de goma,los hay de postas de goma y de bala de plástico;se llaman espanta alimañas,y si te la lían así un par de tiros de goma no les vendría mal para ir aprendiendo".

Vicente Gozalvo Zamorano: "Rodearlos entre TODOS LOS CAZADORES y a culatazos con las escopetas en las espinillas ¡ partirles las patas ! Ya estoy hasta los putos cojones de tantos parásitos ¡¡¡ YO SOY CAZADOR Y PESCADOR HASTA LA MUERTE !!!"

Miguel Chapero Orobio: "¿No son piezas cazables?"

Luis Fernandez Suarez: "Miguel Chapero Orobio abrimos veda???"

Manuel Gonzalez: "Por que el será que son casi todo mujeres entre 20 y 40 años?".

Juan Manuel Del Nogal: "Una buena paliza haber si espabilan".

Manolo Arnedo Garcia: "Maa de un puñetazo les dava yo".

Vicente Gozalvo Zamorano: "El animalista que me venga lo tiro a una acequia de cabeza a comer ranas".

Félix Fernández: "Nun tenin que dayos unos puñetazos tenin que dayos unos perdigonazos".

Francisco Javier Jurado Macias: "Y las fuerzas de seguridad del estado debería haber aparecido y empezado a denunciar a esos piojosos".

Toni Benitez: "Putones".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Daniel

Se ve cultura en los comentarios, si.

3 Eu mesmo

Pode ser que tanto por unha banda como pola outra adiquense (non dedicar senón adicar) verbas non moi axeitadas pra o debate. Mais penso que os animalistas non van por ahí pegando tiros reais. Eu traballei nunha feria pra cazadores e dou fe de que a humanidade xa vai tempo que buliu deste tipo de xentiña. A dia de hoxe só cazan pola sangue e porque pegarlle tiros as persoas sae máis caro que facerlle iso a.un animal indefenso.

2 Nin arre nin xo

Sen defender a actitude e linguaxe dos cazadores, vexo o mesmo tipo de comentarios pero do outro lado, máis non se reflicten na noticia. Quizáis os medios de comunicación non axuden moito a comunicación nin a resolución de conflictos...

1 Fora a caza.

O mundo ao revés. Agora vai ser que son os dichosos cazadores ( eses que disfrutan a tope matando bichos, que alucinan vendo non sei cantos raposos mortos e desollados, aos que lles gusta cantidade o espectáculo da sangue )son as probes víctimas, e os defensores da vida, os agresores. Repitamos unha vez mais: a caza é una salvaxada neolítica, os raposos non sirven para comer, e hai toda unha industria co rollo este da caza: seica algún teñen medo de que disminua o negocio.