Falece un home ao caerlle encima unha árbore nunha leira en Vilasantar

O accidente tivo lugar na tarde do luns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2019 | Actualizada ás 09:46

Comparte esta noticia

Un home de mediana idade faleceu na tarde deste luns no termo coruñés de Vilasantar ao quedar atrapado debaixo dunha árbore nunha leira da súa propiedade.

Árbore cortada
Árbore cortada | Fonte: Amigos da Terra

Segundo informou o 112 Galicia, o incidente sucedeu no lugar de Raído sobre as 19,00 horas deste luns. Nese momento, os servizos sanitarios de urxencia alertaron ao 112 do ocorrido. Tras recibir o aviso, os xestores do CIAE-112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros de Arzúa, da Garda Civil e do GES de Curtis.

Unha vez no lugar dos feitos, os servizos de urxencia liberaron á persoa e, a pesar dos esforzos dos profesionais sanitarios por salvarlle a vida, tan só puideron confirmar o seu falecemento.

En concreto, o 061 desprazou ao momento unha ambulancia asistencial e persoal sanitario do Punto de Atención Continuada (PAC) de Curtis, que unicamente puido confirmar o falecemento no punto do home J.R.R.L., de 56 anos, sinalaron a Europa Press fontes sanitarias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta